CALES SON OS CRITERIOS DE VALORACIÓN DO CONCURSO ESCOLAR?

FAINO ATRACTIVO

O xurado terá en conta a orixinalidade do traballo, o concepto e a súa plasmación gráfica

FAINO CON MENSAXE

A adecuación do traballo para transmitir os valores da temática desta edición.

FAINO SOCIAL

O xurado valorará aqueles proxectos que transcendan a límites da clase e busquen axudar e/ou involucrar a outras persoas da súa contorna (compañeiros doutras aulas, veciños, pais...).

FAINO CREATIVO

O xurado valorará de 1 a 5 (sendo 5 a maior puntuación) a orixinalidade e creatividade á hora de plasmar as ideas no traballo de presentación: o deseño que estará impreso na bolsa sostible.

FAINO CON CALIDADE

O coidado posto na presentación, as técnicas empregadas e a súa posible adaptación ao obxecto do concurso.